Xela Arias. Asinamos ser libres

Asinamos ser libres é o título da exposición divulgativa da vida e obra de Xela Arias producida por Ouvirmos e que toma o seu nome precisamente dunha autopoética da autora publicada no Faro de Vigo en 1984. A exposición está composta por 12 paneis de 1.20 x 1.80 m soportados en estruturas de madeira. Texto central e documentación a cargo de Chus Nogueira e fotografías de Xulio Gil, do Arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia.

A exposición, producida especialmente para a Rede de Bibliotecas Públicas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, percorreu 11 concellos ao longo de 2021.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies