A Poesía do Retrato e o compromiso de Ouvirmos coas Letras Galegas

En 2021, ano no que a Real Academia Galega homenaxeou a Xela Arias no Día das Letras Galegas, Ouvirmos centrou o seu traballo no deseño, produción e coordinación da exposición “A Poesía do Retrato” con textos de Xela Arias e fotografías de Xulio Gil. E para que chegara a todos os recunchos do país, deseñáronse tres formatos da mesma exposición:

  • Exposición interior con macromarcos de madeira (para o Concello de Santiago e o Verbum de Vigo)
  • Exposición exterior formada por 10 macromarcos de aceiro sobre base de formigón (para a Vicepresidencia da Deputación de Lugo) con 6 itinerancias por toda a provincia de Lugo.
  • Exposición exterior con estruturas metálicas (para a Universidade de Vigo)

‘A Poesía do Retrato’ recompila unha colección de textos poéticos da autora xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90. A colección de imaxes que forman parte desta exposición comisariada por Xosé Enrique Acuña permítennos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada en 2021 nas Letras Galegas. Unha serie de fotografías que retratan a poeta Xela posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. Imaxes cargadas de poesía, onde a mirada penetrante de Xela nos observa de fronte e con honestidade.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies