
Dous dos proxectos nos que traballamos directa e intensamente no ano 2019 situáronse no primeiro e terceiro lugar do ránking “O mellor da cultura 2019” en Galicia. Esta clasificación é elaborada polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea anualmente mediante votación de profesionais e, no 2019, seleccionou á Culturgal e á Cidade da Cultura como os proxectos máis importantes en Galicia xunto a outras doce propostas.
O primeiro posto da clasificación é para a Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, onde nos encargamos da dirección, coordinación xeral e xestión da entrada. Na Cidade da Cultura, a terceira clasificada, somos responsables da xestión e coordinación de actividades culturais. Non podemos estar más felices e orgullosos do traballo realizado para estes dous importantes proxectos e por estar integrados en dous excelentes grupos humanos que fan co seu traballo diario importantes éxitos colectivos que contribúen ao benestar social.