Vive o Camiño 2019

Resultamos gañadores do concurso público licitado polo Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo, Vive o Camiño 2019, o programa que promocionou a Vía da Prata en 35 concellos das provincias de Ourense e A Coruña polos que transcorre esta ruta. Unha iniciativa que a través de obradoiros de natureza, gastronomía e patrimonio contribiuíu a revalorizar as singularidades de cada un dos concellos.

Cada unha das 35 localidades acolleron unha xornada de actividades que serviu de punto de encontro entre os peregrinos e a poboación local co obxectivo de afianzar o sentimento de identificación co patrimonio propio. En liñas xerais, as actividades realizadas foron as seguintes:

  • Camiñada guiada para a descuberta do contorno natural da localidade.
  • Obradoiro infantil “Xogando coa natureza” para mostrar de maneira divertida aos máis cativos a historia e valores que ten o lugar no que viven ou visitan.
  • Obradoiro para adultos “Memorias de prata”, onde os participantes teñen a oportunidade de afondar na riqueza do patrimonio da zona con actividades dirixidas por expertos.
  • Catar o Camiño 2019. Conducido por unha actriz-presentadora que convida o público dunha forma lúdica a descubrir o patrimonio agochado de cada concello. Entrevistas a produtores, músicas locais e cata de produtos. Unha viaxe a través dos sentidos polas singularidades e potencialidades propias de cada concello.

O programa desenvolveuse nos concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Boqueixón, Castrelo do Val, Coles, Cualedro, Dozón, A Estrada, A Gudiña, Lalín, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Ourense, Paderne de Allariz, Piñor, Riós, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, Sarreaus, Santiago de Compostela, Silleda, Taboadela, Trasmiras, Vedra, Verín, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilardevós, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Neste recorrido pola xeografía humana da ruta da prata tivemos ocasión de descubrir historias persoais de produtores, artistas, artesáns, proxectos vitais que dinamizan e revalorizan orgullosamente o mundo rural.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies