XIII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica

Coordinamos para a Deputación da Coruña a exposición do XIII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica durante o ano 2019.  A mostra en itinerancia preséntase en 10 concellos da provincia da Coruña: Arteixo, As Pontes, Betanzos, Carballo, Carnota, Culleredo, Porto do Son, Rianxo, Sada, Valdoviño. A exposición reúne un total de 30 cadros correspondentes a 30 artistas procedentes de distintos países coma México, Irán, Polonia ou Alemaña. Entre as obras expostas destaca o Primeiro Premio “Appearance 22” de Wieslaw Haladaj e os Accésit “The extended night” de Mehdi Darvishi e “Forma y vacío” de Rubén Morales Lara.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies