Claudio Rodríguez Fer convídanos a facer unha viaxe sonora e poética coa obra “A muller sinfonía (cancioneiro vital)” no Zigzag Diario. Presenta o seu poemario no programa da TVG, onde podemos escoitar a Claudio recitando e disertando sobre as músicas que marcaron a súa vida e que serviron de fondo aos poemas que recompila nesta obra, escritos ao longo dos últimos 10 anos. Neste enlace, a entrevista completa a partir do minuto 14’50.