Ouvirmos edita o traballo de recuperación do legado do betanceiro Carlos García-Picos. Da man do grupo Zoar publicamos García-Picos, un disco e dous libros de partituras que inclúen a obra completa para ventos do compositor e que xa está dispoñible nas plataformas dixitais.
Un total de sete pezas escritas entre 1954 e 1991 que Zoar interpreta a través de 22 tracks. O CD compleméntase co libros Guións e Partes. Son os cadernos de partituras que pretenden ser unha ferramenta para achegar máis facilmente a súa obra tanto a intérpretes como ao público, ofrecendo unha edición dixitalizada do manuscrito así como achegando as partes para cada un dos instrumentos.
A obra García-Picos será presentada no Liceo de Betanzos o martes 17 de abril ás 20.30 horas.