García-Picos: CD+2 libros de partituras

Xa saíu da nosa factoría un novo traballo de recuperación do legado do betanceiro Carlos García-Picos. Da man do grupo Zoar publicamos García-Picos, un disco e dous libros de partituras que inclúen a obra completa para ventos do compositor. Un total de sete pezas escritas entre 1954 e 1991 que Zoar interpreta a través de 22 tracks. O CD compleméntase co libros Guións e Partes. Son os cadernos de partituras que pretenden ser unha ferramenta para achegar máis facilmente a súa obra tanto a intérpretes como ao público, ofrecendo unha edición dixitalizada do manuscrito así como achegando as partes para cada un dos instrumentos.

Ver a ficha de García-Picos. Obra completa par quinteto de vento no noso catálogo.

Ver a ficha de Guións e Partes de García-Picos no noso catálogo.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies