Estes son os datos do balance oficial dos primeiros seis meses da nosa xestión á fronte da programación do Teatro Colón da Coruña. Despois de gañar o concurso público para a coordinación e xestión de actividades do Teatro, foron 81 os espectáculos programados durante este período e agrupados do seguinte xeito: Matinais do Colón (6), Programa Escolar (11), Colón a Escena! (15), Conexións Colón (34), Producións DAC_Cultura (3), Cinema Colón (2) e Outros (10).
Un total de 38.816 persoas pasaron polas instalacións do Colón destacando o apartado denominado Conexións Colón, onde contamos coa asistencia de preto de 20.000 persoas.