Cun anuncio no programa oficial impreso da Culturgal damos a coñecer unha nova área de traballo da nosa empresa. A xestión de infraestruturas e grandes proxectos culturais que compaxinaremos co labor editorial. A coordinación de actividades no Teatro Colón da Coruña ou da Cidade da Cultura forman parte xa do noso traballo diario xunto coa organización e coordinación da Feira Culturgal. 14 anos contribuindo á cultura galega.