Ondas do mar de Vigo. Hoxe veremos o Pergamiño

Asistimos hoxe á inauguración da exposición sobre o Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Vigo. O Pergamiño, cantiga manuscrita do século XIII con notacións musicais, está considerada unha das xoias da literatura. E agora temos a oportunidade histórica de poder velo. O documento é propiedade da Morgan Library&Museum de Nova Iorque, que cedeu temporalmente o Pergamiño á Universidade de Vigo e poderá ser visitado no Museo do Mar até marzo na exposición “Un tesouro en sete cantigas”.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies