Hoxe abre a Feira do Libro da Coruña cunha axenda ateigada de eventos. A nosa editorial participará con dúas presentacións o mércores día 9. Ás 19.00 horas estaremos con “Cántigas de alén“, a obra completa en galego de Valente, coa presenza de Claudio Rodríguez Fer, encargado da edición. E ás 19.45 horas continuaremos coa presentación de “Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque (1852-1932)” xunto ás autoras Beatriz López-Suevos, Susana de Lorenzo e Rosario Martínez. Esperámosvos!