Ouvirmos xestionará as actividades do Teatro Colón na Coruña

Ouvirmos é a empresa gañadora do concurso público convocado pola Deputación da Coruña en xuño deste ano. A Deputación, tras recuperar a xestión pública do Teatro, adxudicou mediante tres concursos a venda de entradas e servizos de comunicación, os servizos de produción e mantemento escénico, así como a xestión da programación que gañou Ouvirmos e que desenvolveremos por un período de 6 meses prorrogables.

Con esta nova encomenda reforzamos a nosa área de Xestión de Grandes Proxectos e infraestruturas. Unha nova andaina que iniciamos hai 5 anos con Culturgal, continuamos coa Feria Internacional del Libro de Buenos Aires e que seguimos a consolidar agora coa xestión das actividades no Teatro Colón da Coruña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies