Fomos responsables do servizo de coordinación e xestión de actividades para o Teatro Colón da Coruña desde xuño do 2017 até xuño do 2018. Os traballos a desenvolver incluíron o deseño das liñas de programación do Teatro así como a organización e coordinación de todas as actividades, o control administrativo da programación do Teatro e a súa xestión interna.
En total, ao longo destes 12 meses, xestionamos un total de 229 eventos programados e a entrada no Teatro de 83.000 persoas.
Ouvirmos foi a empresa gañadora do concurso público convocado pola Deputación da Coruña en xuño do 2017. A Deputación, tras recuperar a xestión pública do Teatro, adxudicou mediante tres concursos a venda de entradas e servizos de comunicación, os servizos de produción e mantemento escénico, así como a xestión da programación que gañou Ouvirmos e que desenvolvemos por un período de 12 meses.
Con esta nova encomenda reforzamos a nosa área de Xestión de Grandes Proxectos e infraestruturas. Unha nova andaina que iniciamos hai 6 anos con Culturgal, continuamos coa Feria Internacional del Libro de Buenos Aires e que seguimos a consolidar agora coa xestión das actividades no Teatro Colón da Coruña.
www.teatrocolon.es