A Casa-Museo Emilia Pardo-Bazán dedica o seu faladoiro mensual á figura de Eugenia Osterberger. Será este xoves 6 de abril ás 18.00 horas e contará coa participación das autoras da publicación “Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque (1852-1932)“. A entrada é libre e gratuíta.