“Cinepoemas”, finalista da Gala do Libro Galego

O noso libro “Cinepoemas” de Claudio Rodríguez Fer é unha das obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017 na sección de Poesía. O galardón, concedido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia, pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As obras gañadoras daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nunha Gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A lista completa das obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, aquí.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies