Armando Requeixo asina “Cántiga Valente”, a reseña da nosa obra “Cántigas de alén” que saíu publicada o pasado domingo en catro periódicos: El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.
Dedícalle unha páxina enteira, da que extraemos estas liñas: “Cómpre volver á lectura destas Cántigas de alén. Nos seus versos recoñécese a incandescencia da voz do intemporal e a inmanencia do existente radicado que o poeta proclamou como punto cero do ser: “Voltei. Nunca partira./ Afastarme soamente foi o xeito/ de ficar para sempre”.
Para ler o artigo completo, pinchade aquí.