Ouvirmos publica o libro-CD “Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque”. Unha obra asinada por Beatriz López-Suevos, Susana de Lorenzo e Rosario Martínez Martínez, que rescata do esquecemento o legado da compositora compostelá.
Eugenia Osterberger (Santiago de Compostela 1852, Niza 1932) foi unha das protagonistas da escena musical galega no século XIX, contribuíndo de forma singular á creación dunha música galega académica de raíz popular. Participou de forma activa na vida cultural e social da Coruña e Compostela e foi académica correspondente da Real Academia Galega desde a súa fundación. Osterberger creou composicións para piano solista así como cancións ou melodías galegas para voz e piano. Estas últimas compoñen o repertorio do CD que acompaña o libro.
Concerto: venres 10 ás 20.30 horas no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. Susana de Lorenzo (voz) e Beatriz López-Suevos (piano) interpretarán as composicións de Eugenia Osterberger.
Á venda, aquí.