Ramón Nicolás pubicla hoxe, no suplemento Fugas de La Voz de Galicia, unha reseña de “Eugenia Osterberger. A compositora galega da Belle Époque (1852-1932)“. Nicolás valora esta obra como “unha das máis destacadas do seu xénero”, que ademais “articula un rigoroso achegamento que repara tanto no percorrido vital de Osterberger, rescatado dos fondos de hemerotecas, como na súa valiosa produción a través dun cedé que acompaña a publicación”. O enlace ao artigo completo, aquí.