Hoxe cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Unímonos aos múltiples actos de celebración do Día de Rosalía cunha proposta: o disco “Cantares Galegos” de Resonet. Unha obra que toma dos cancioneiros populares as melodías das cantigas nas que se inspirou a propia Rosalía para musicar os seus Cantares Gallegos. Compartimos o tema promocional “Has de cantar”.