O libro Juan Montes Capón. Obras para piano só, coeditado pola Xunta de Galicia e Dos Acordes, preséntase este xoves 15 de decembro en Santiago de Compostela, ás 20:00 h, no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. Haberá outra presentación ao día seguinte, venres 16, no auditorio da Casa do Saber da USC en Lugo ás 20.00 h.