Tres iniciativas culturais cun gran presente e prometedor futuro optan ao Premio do público Culturgal 2016. As candidatas son: GCiencia, o portal da ciencia galega, Festival AgroGay da Ulloa e Numax. O público, a través dunha votación online, é quen decidirá a quen se lle fai entrega deste Premio na próxima edición da Feira no mes de decembro.
Podedes votar a través da web de Culturgal, aquí, e o prazo remata o 25 de novembro ás 00:00 h.