Realizamos este proxecto para a Fundación Celso Emilio Ferreiro, encargándonos de idear as bases da convocatoria, a filosofía e a metodoloxía detrás do galardón.
O Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados, con carácter bianual, ten o obxectivo de premiar a mellor canción con música orixinal e textos dun poema de Celso Emilio Ferreiro.
As bases do concurso, o xurado e mais preguntas frecuentes poden consultarse aquí.
Gañador do 1º Premio: O grupo Licalaterna co tema “Mensaxe dende o silenzo“.