100 anos da primeira visita de Lorca a Galicia

Santiago acollerá o próximo 27 de outubro un concerto conmemorativo da primeira visita de Lorca a Galicia. A homenaxe terá lugar no Salón Teatro e contará coas intervencións do guitarrista Samuel Diz e o lorquista Ian Gibson.

A visita do poeta granadino a terras galegas permitiulle descubrir un novo territorio e construír amizades con escritores galegos como Eduardo Blanco-Amor. Semente da súa posterior incursión na nosa lingua coa obra “Seis poemas galegos”. A súa relación con Galicia e moitos outros capítulos da breve pero intensa vida de Lorca recóllense na Fotobiografía Sonora de Federico García Lorca, o libro + 2 CD´s que podedes atopar á venda na nosa web.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies