Xa se pode visitar a mostra “Saúde e Terra, irmá(n)s!” na sede da Fundación Barrié na Coruña. Esta exposición que conmemora o centenario da fundación das Irmandades da Fala está organizada polo Museo do Pobo Galego, a Real Academia Galega, e a Deputación da Coruña. E desde Ouvirmos colaboramos nela coa cesión do primeiro disco coa gravación do Himno Galego realizada polo coro Cántigas e Aturuxos no 1918.
Saúde e Terra, irmá(n)s!
- Gabinete de prensa
- 7 de Xuño de 2016
- Blog