Primeiro premio en metálico para compositores galegos

A Fundacion Celso Emilio Ferreiro convoca, con carácter bianual, o Iº Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados. Este galardón premiará con 3.000 euros a mellor canción con música orixinal e textos dun poema do escritor de Celanova.

Poderán presentarse á actual convocatoria obras músico-vocais, nas que a letra sexa a totalidade ou parte dun poema de Celso Emilio e a música, unha creación orixinal do autor, autora ou colectivo. E será condición indispensable que a composición teña sido posta á disposición do público entre o 30 de outubro do 2014 e o 30 de outubro do 2016.

Bases do concurso e formulario de rexistro:

http://celsoemilioferreiro.org/premio

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies