Santiago despídese da FIL de Bos Aires

Onte rematou a Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Santiago de Compostela, a cidade convidada desta edición, despediuse ademais co premio ao mellor Stand na categoría especial. Atrás quedaron intensos días de actividade que encheron de cultura galega a Feira e a cidade. De feito,  a programación de Santiago de Compostela continúa nas rúas de Bos Aires, coa mostra sobre Blaco Amor na Ursina del Arte e coa programación internacional da Cidade da Cultura, que levará até alí no outono a exposición de José Suárez “Unos ojos vivos que piensan”, ademais da edición arxentina do programa “Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies