Festival da Biosfera 2016

Esta fin de semana estaremos celebrando o II Festival da Biosfera no Río Rato en Lugo. Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, baixo o lema “Únete á carreira para facer do mundo un lugar mellor”, preparamos un lote de actividades para todas as idades. O sábado 4: encontro de bicis, charla da asociación Masa Crítica e contacontos infantil. O domingo 5: III Econtro de Cociña Solar con charla, obradoiro e banquete solar, ademais de contacontos infantil.

O programa do Festival da Biosfera 2016 e o Día Mundial do Medio Ambiente en Lugo é unha produción da consultoría cultural de Ouvirmos para a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies