Santiago de Compostela, cidade convidade da Feira do Libro de Buenos Aires 2016
Por encargo da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia coordinamos a programación das actividades que se desenvolveron na cidade de Buenos Aires do 19 de abril ao 9 de maio do 2016. Un total de 130 propostas realizadas no stand de Santiago de Compostela na Feira e nos centros da colectividade galega da cidade porteña.
- Realizamos labores de asesoramento coa proposta de actividades para a promoción da cultura galega.
- Coordinamos e supervisamos os traballos de preprodución e produción.
- Organizamos os actos da Feira.
- Ofrecemos un servizo de atención aos relatores e autores convidados á Feira pola Xunta de Galicia e outros organismos.
- Coordinamos o equipo humano.
Ligazóns