Chega a I Gala do Libro Galego

Mañá sábado, 14 de maio, celebrarase a primeira Gala do Libro Galego no Teatro Principal de Compostela. Un evento que reunirá a todo o sector literario para a entrega duns premios que teñen por obxecto recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. No evento entregaranse 14 distincións, todas elas sen dotación económica.

A  Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e a Federación de Librarías de Galicia son as entidades convocantes destes Premios Gala do Libro Galego 2016.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies