Recuperada a vitrina orixinal de Cántigas e Aturuxos!

Cando se cumpren os 100 anos do nacemento das Irmandades da Fala, queremos destacar o papel do coro Cántigas e Aturuxos na historia da organización nacionalista. Os días 18 e 19 de novembro de 1918 celebrouse en Lugo a primeira Asemblea Nazonalista. Cántigas e Aturuxos foi o coro que actuou durante esas xornadas e foi ademais o coro que cantou o himno galego durante a clausura diante de Castelao, Risco, Otero, Taibo, Cabanillas ou Peña Novo. Nós recuperamos a súa histórica gravación do himno galego e recollémola no libro-disco “Coro Cántigas e Aturuxos. Repertorio lucense. 1918” publicado no 2015.

Agora, desde o CENTRAD, infórmannos de que un particular doou a vitrina orixinal do Coro á “coleccion de instrumentos musicais e obxectos sonoros da Deputacion de Lugo”. Este moble, de 2,90 metros de alto, gardaba a bandeira oficial da agrupación.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies