Estamos a menos dunha semana para que bote a andar a Feira Internacional do Libro de Bos Aires, onde Santiago de Compostela ten a honra de ser a cidade convidada. A literatura e a cultura galegas serán grandes protagonistas deste evento. Para ir abrindo boca, deixamos aquí o vídeo promocional das nosas letras que está a causar sensación.