O selo Ouvirmos publica novo disco: No vento, xa dispoñible nas principais plataformas dixitais. O grupo Zoar, un quinteto de vento, interpreta unha selección de pezas cos arranxos de Juan Durán. Unha escolma de temas que percorren varios séculos de música galega. Unha persoal playlist, unha proposta de intencións musicais para o ouvinte que é, á vez, tamén memoria colectiva dun tempo pasado que perdura e que é porvir.
Dende Martín Codax a Milladoiro, dende a música popular aos grandes compositores do Rexurdimento. Velaí esta poética musical de Zoar no vento, que vai conformando, ao longo destas dezasete pezas, a banda sonora dun pobo.