Feira do Disco e Libro Galego en Monterroso

O próximo domingo, 27 de marzo, celébrase a Feira do Disco e do Libro Galego na Cúpula de Monterroso, de 12 h a 20:30 h, organizada pola asociación 25 xastres. Un concepto que combina a venda de discos e libros en stands, e a posibilidade de desfrutar de foros e música en directo, nun espazo integrado na propia feira. Intervirán Ana Vila (Algo de mín) e Antonio Reigosa (Galicia encantada) ao longo da mañá, e Iglesias Turnes (Que non te aten), Magín Blanco (Canta o cuco), Bruno Villamor (Cántigas e Frores, 60 anos) e Zoelas pola tarde.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies