Fotobiografía Sonora de Lois Pereiro

Onte, 16 de xaneiro, Lois Pereiro tería cumprido 58 anos. Foise cando só tiña 38. Tras de si deixou un fermoso legado poético e unha traxectoria vital que, narrada polo seu irmán Xosé, recollemos na obra Lois Pereiro. Fotobiografía Sonora.

O libro –con prólogo de Manuel Rivas- inclúe ademais dous CD’s. O primeiro recolle a voz do propio autor nunha entrevista radiofónica concedida a Ana Romaní poucos meses antes da súa morte. Lino Braxe é o encargado de comentar este documento sonoro no artigo titulado “Perdido nas selvas de Indonesia”. O segundo CD inclúe unha selección dos seus poemas musicados por Manu Clavijo, Alexandro González, Fanny+Alexander, Nación Reixa e Radio Océano. Xurxo Souto asina o comentario de cada unha das cancións así como o artigo “A calma tensa”, no que analiza a relación de Lois coa música.

Podes mercalo a través da nosa web, aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies