O son que se autodestrúe

O colectivo Escoitar.org decidiu poñer fin á súa actividade, desenvolvida durante toda unha década, dunha maneira impactante. Os 1.200 sons que grabaron por toda a xeografía galega compártenos agora co público na súa despedida baixo unha curiosa condición: “Cada vez que escoites unha das máis de 1.200 grabacións que no seu día formaron parte de Escoitar.org, esta borrarase da base de datos, desaparecerá como son que é, será de novo algo máis que un arquivo, será un acontecemento”. Lembramos desde aquí que Ouvirmos tivo a sorte de colaborar con Escoitar nun proxecto que deu como froito a creación dun mapa sonoro da cidade de Vigo.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies