Queremos dar a benvida hoxe a un proxecto que acaba de ver a luz: lermos.gal. Trátase dunha revista en liña dedicada ao mundo das letras en lingua galega, un proxecto colaborativo e aberto, que inclúe entrevistas, axenda de eventos, apartado de recursos, etc. Desde Ouvirmos enviamos os nosos parabéns e bos desexos para este novo punto de encontro da literatura en galego.