Presentámosvos a versión web do libro-CD “Guía Didáctica de Instrumentos Galegos” de Moisés Quintas, un excelente recurso para profesores de primaria. Atoparedes aquí unha exhaustiva clasificación e descrición dos Instrumentos Galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución. Unha práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega, ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada con máis de 40 pistas de audio de todos os instrumentos. Inclúe ademais múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.