Vota xa o Premio do Público Culturgal

Xa podedes participar e votar o Premio do Público Culturgal 2015. Este ano os tres candidatos propostos son Curtocuircuíto. Festival Internacional de Cine, Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e Sinsalaudio. O premio, que ten como finalidade facer público o recoñecemento de proxectos destacados e relevantes para a sociedade e vinculados á cultura galega, entregarase no transcurso dun acto especial que terá lugar o domingo día 6 de decembro ás 17.00 horas dentro do programa da Feira Culturgal.

Podedes achegar o voso voto a través da web do Culturgal até o 21 de novembro ás 00:00 h.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies