Acordo histórico no sector literario

A Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega (AELG) a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia presentaron esta mañá oficialmente a Gala do Libro Galego 2016. 

Esta Gala representa un acordo histórico no sector literario galegoao confluír desde agora nuns únicos galardóns os premios anteriormente convocados de forma separada por cada unha das tres organizacións. 

Os premios que se outorgarán na Gala do Libro Galego 2016 pretenden recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, serán falladas polos membros das tres organizacións convocantes.

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies