Xa está en marcha a tarxeta-bono Cultura Galega, que ofrece descontos en libros e entradas para o teatro ás persoas entre 18 e 30 anos. Pódese adquirir a través da web http://www.tarxetabonoculturagalega.gal/ por 33 euros e dálle ao seu usuario ou usuaria un valor de 50 euros para a adquisición de libros en galego e de entradas a espectáculos de artes escénicas de empresas galegas en establecementos adheridos a esta campaña, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Estará dispoñible só até o 10 de decembro.