O primeiro método de Pito Galego, xa á venda

Xa podes mercar o libro “PITO GALEGO. Método práctico” a través da nosa web. Trátase do primeiro método escrito para este instrumento popular galego. A obra, autoría do músico Moisés Quintas, facilita a aprendizaxe do pito pastoril galego, empregando unha metodoloxía progresiva e baseada no noso repertorio tradicional. Fotografías ilustrativas, máis de 200 exercicios progresivos de técnica, articulación, afinación, respiración…, máis de 50 melodías tradicionais e até un obradoiro para construír paso a paso o teu propio pito de cana.

O método compleméntase ademais coa versión web do proxecto, www.pitogalego.gal, un espazo que inclúe máis de 250 gravacións de audio e que pretende seguir vivo en intercambio cos lectores.

Aquí podes ver o vídeo de Moisés Quintas tocando un pito pastoril galego construído por Basilio Carril.

PITO GALEGO. Método práctico nace para prevalecer no tempo e servir de guía ás xeracións futuras, garantindo a supervivencia do pito e contribuíndo ao asentamento do seu ensino.

 

Pincha aquí para comprar o método de pito pastoril galego por só 19 € (gastos de envío incluídos).

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies