Cántigas e Aturuxos en Pontevedra

A vida do primeiro Coro en gravar o Himno Galego vai ser presentada en formato Libro+CD por Ramón González, o autor. Será este sábado 3 de Outubro en Pontevedra, na Casa das Campás e dentro das actividades promovidas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Será unha crónica reconstruída a través do libro de actas, os seus discos de gramófono orixinais e unha exhaustiva recompilación de todas as reseñas que sobre Cántigas se fixeron na prensa e literatura da época. Escoitaremos algún dos vinte temas que recuperan os primeiros rexistros sonoros do coro no ano 1918.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies