Bono Cultura para 6.000 persoas

6.000 mozas e mozos poderán beneficiarse da Tarxeta-Bono Cultura Galega que a Consellería de Cultura porá en marcha nos próximos meses dirixido ás persoas entre 18 e 30 anos. Cada tarxeta-bono terá un prezo de venda de 33 euros e dará ao portador/a un valor de 50 euros para a adquisición de libros en galego e entradas a espectáculos de artes escénicas de empresas galegas que sexan realizados en establecementos adheridos á campaña.

A diferenza de 17 euros en cada tarxeta-bono será achegada pola AGADIC co obxectivo de incentivar o consumo destes produtos culturais. @Tarxeta_Cultura

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies