Casares, pioneiro en cirurxías con anestesia

Esta semana celebrouse o Día da Ciencia en Galicia. E nós aproveitamos hoxe para lembrar a Antonio Rodríguez Casares, considerado o científico galego máis importante do século XIX e protagonista da nosa colección de Biografías. Boa parte da sociedade descoñece que foi pioneiro en realizar as primeiras cirurxías con anestesia clorofórmica no Estado español. O 19 de decembro de 1847, Casares reuniu no seu laboratorio da USC a varios profesores para unha primeira experiencia co cloroformo como anestésico, utilizando para iso a un can dogo e a el mesmo, que se prestou curioso para o experimento. Ao día seguinte tiveron lugar os primeiros ensaios clínicos, dos que hoxe sabemos que foron os primeiros realizados en Estado.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies