Compartimos a imaxe dunha torta de aniversario que preparou unha avoa para a súa neta. Fainos moita ilusión que nos enviase a foto deste Peixe de queixo que realizou seguindo a receita incluída no libro de “Menús para festas” da nosa colección de Cociña infantil e familiar. Un pracer ver que os libros que facemos sigan tendo percorrido máis alá das librarías. Non deixedes de compartir con nós as vosas experiencias!