Queremos destacar hoxe un programa colectivo chamado APEGO, creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial. Está dirixido fundamentalmente ás familias que queren que a lingua galega forme parte da súa vida, para axudar a socializar en galego as nenas e nenos entre 0 e 6 anos. Botádelle un ollo á súa web, atoparedes unha chea de materiais, argumentos, recursos e actividades para axudarvos á crianza en galego. APEGO está desenvolvido cooperativamente por doce concellos, a través dos seus servizos de normalización lingüística.