Obradoiros de xoguetes naturais

Programamos obradoiros de xoguetes naturais onde os máis cativos aprenden a construír os seus propios xoguetes con elementos da natureza. Follas, herbas, flores… todo tipo de materiais que forman parte da nosa contorna e que podemos transformar nun guerreiro de landra, nun gorro de follas de castiñeiro ou nunha boneca de papoula, entre outras.

Estes talleres están inspirados nos libros Xoguetes naturais. Primavera-Verán e Xoguetes naturais. Outono-Inverno, e son impartidos polos propios autores Xosé López González e José M. García Fernández, dous expertos na materia que levan dedicados moitos anos a investigar sobre esta área do noso patrimonio cultural.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies