Outra proposta para a fin de semana. Este domingo ás 12.30h, dentro da exposición ‘O Primeiro Picasso’ do Museo de Belas Artes da Coruña, concerto de Samuel Diz. Unha retrospectiva á relación de Pablo Picasso con Manuel de Falla, coa simboloxía da guitarra na súa obra plástica, e a recuperación de diferentes manuscritos orixinais para guitarra de compositores coetáneos.