Hai unhas semanas a sede da Fundación Barrié na Coruña albergou a exposición “Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre”. Achegouse á cidadanía a figura do polígrafo pontevedrés, contextualizándoa a través da voz dos seus contemporáneos e da documentación do propio Said . Mostrouse parte do seu arquivo persoal, doado pola súa filla Eugenia Said á propia Fundación no ano 1992. Deixámosvos aquí algunhas imaxes da exposición sobre este folclorista que merecen a pena compartir: a zanfona e a gaita orixinais de Perfecto Feijoo así coma unha fotografía do coro Aires da Terra no Entroido de Madrid.